Día Internacional do Libro Infantil

Como pasa desde hai anos o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura.


Para celebralo queremos propoñerche algo. Que fagas un video! Dicímosche os pasos:
(Antes de nada pídelle axuda a alguén para que te grave)
1.- Colle un libro que che guste.
2.- Amósanos a portada, e di o título do libro e o seu autor ou autora.
3.- Cóntanos por que che gusta.
3.- Le un anaquiño do libro, o que máis che guste.

Cando o teñas rematado envíanolo e con eses videos faremos unha colección de grandes libros e grandes lectores e lectoras. Anímate!!