Investigamos na casa - Reto 1

Ola de novo!

Agora que pasades todo o tempo na casa queremos que descubrades cousas sobre ela que ao mellor descoñecíades.

Comecemos hoxe con este pequeno reto de investigacíón.


Ilustración do libro Coelliño Branco

1º Reto

Non sabemos se te deches conta, pero na túa casa hai moitos números… Tenta descubrilos e escolle algún dos que máis che gusten, aqueles que teñen máis cifras ou aqueles que descubriches por casualidade. Pide axuda para sacarlles unha foto cun móbil ou tablet e envíaas a través do blog. Se tes algún problema para o envío ponte en contacto con nós.

Agardamos os resultados da túa investigación.