Concurso do Concello: Bergondo nun conto

O Concello de Bergondo, fai uns días presentou o seu XXI concurso "Bergondo nun conto" 2020.

Para ver as bases do concurso premer aquí.

O obxectivo do concurso é:
Queremos que nos contedes, nun texto, nun conto, nunha poesía, ou nun debuxo os vosos sentimentos, como estades a vivir esta situación, en que vos está axudando todo isto, como falades coas vosas amizades e familiares. Hai alguén na vosa familia que recorde outros confinamentos? A idea é compartir e así poder construír entre todos e todas o “Bergondo nun conto 2020”.

Anímaste?