Vaia que tormenta!

Ola!
Escoitastes a tormenta que tivemos onte por Bergondo?
Non sei si o sabedes, pero onte en toda Galicia houbo 1243 raios.

Como se pode ter esta información? 

En Galicia temos o servizo de Meteogalicia. Este servizo fai predicións meteorolóxicas, observa o que pasou no día anterior e temos datos da choiva que caíu, a velocidade e dirección do vento...

E sabíades que en Bergongo hai unha estación meteorolóxica que recolle todos estes datos.

Para ver estes datos fai clic aquí e á esquerda verás Estación Guísamo.

Ah, que se nos esquecía. Esta estación meteorolóxica está no CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL (CFEA) - GUÍSAMO