Durante este estamos aprendendo moitas cousas, sobre todo relacionadas coa hixiene, limpeza,... co obxectivo de evitar posibles contaxios.
María amosounos un aparatiño que nos axuda nesta labor. E concretamente coa calidade do aire que temos nas aulas. É un medidor de CO2.
Unha das premisas máis importantes das que falan todos os protocolos publicados, fai relación coa ventilación e a concentración de CO2. Se o valor que nos da o aparato fora preto dos 600 teríamos que ventilar máis, e se nos da o que se ve na imaxe, dinos que está bastante ben.
Seguiremos atentos e atentas ao que facemos para tentar facelo cada día mellor.