Chegou o tempo de Nadal

Xa chegou o Nadal! Ademais de bos desexos, ledicia, panxoliñas... que son cousas que nos encantan, hai algo que nos rechifla. 

Agardar ese momento no que veremos se fomos bos durante todo o ano e merecemos ter o que pedimos nas nosas cartas.

Para facer un pouco máis levadeira esa espera (e traballar unha morea de cousas, numeración, a conta atrás, a escritura, a lectura, a creatividade á hora de ilustrar un texto,...) fixemos o noso particular calendario de advento. Con sorpresas incluídas! Aquí vai unha pequena mostra.