Viaxamos cos libros...

 

Pois durante este primeiro trimestre viaxamos cos libros a lugares maravillosos e coñecemos criaturas fantásticas.

Rímonos con Lolo e con Elmer coas súas ocurrencias e viaxamos con Nadarín por mares maravillosos.

Da man de Osvaldo, Matías e dun pano, aprendemos que hai agasallos que nos poden sorprender.

Coñecemos estraños animais a través do Minimalario e en gran parte das historias aprendemos que unidos poderemos superar moitas barreiras e pasalo moito mellor que por separado... e se non que llo digan ao Can e o gato.

E viaxamos a un lugar onde un crocodilo e unha xirafa se namoraban... ou un lobo invitaba a cear a unha ovelliña.

Despois do Nadal viaxaremos e percorreremos novas aventuras.