Chegamos a Marte!!!

 

O pasado 18 de febreiro, chegou a Marte a nave Perseverance. Con este motivo a Nasa emitiu en directo esta chegada. Na clase falamos deste feito histórico.

Cada día, a nave está a enviar fotografías e material audiovisual que podedes ver en diferentes páxinas de internet. Facede clic aquí e poderedes ver algunha fotografía.

Un dos feitos destacados e sobre os que incidimos ten relación coa persona que fixo esta retransmisión en castelán, Diana Trujillo (facer clic aquí para ter algo máis de información).


A idea é transmitirlle ao alumnado que o xénero non debería influír á hora de acadar os nosos obxectivos, nin ser un problema para acadar responsabilidades tan importantes como ser parte fundamental dun proxecto como é chegar a marte... Para iso seguimos na liña de traballos coma o Día da muller e da nena na ciencia ou do que faremos o próximo 8 de marzo, Día da Muller.