A hora do planeta

 

A hora do planeta é unha iniciativa de WWF (https://www.horadelplaneta.es) a nivel mundial para chamar a atención sobre o cambio climático. Aínda que non deixa de ser un xesto simbólico, trata de amosar as consecuencias do cambio climático e a perda de biodiversidade. Faise o sábado 27 de marzo entre as 20:30 e as 21:30.

Este curso co proxecto que estamos a realizar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible pensamos que pode ser unha boa iniciativa para facer cos nenos e nenas.

A idea é ver se somos quen de estar durante unha hora consumindo o mínimo de enerxía posible e vendo que outras actividades poderíamos realizar.

Quen se anima a participar? Cantas cousas diferentes poderías facer nunha hora sen empregar enerxía eléctrica?