Desde hai uns días temos no centro a Lindsay. Ela é a nosa auxiliar de conversa que nos axudará a mellorar o noso inglés. Virá co teacher polo menos un día á semana e así axudaranos nos nosos traballos, coa nosa pronunciación,... e tamén nos contará cousas do lugar onde vive e algunha curiosidade máis... seguro que aprenderemos moito e pasarémolo moi ben!