Durante esta semana estamos adicándolle o anaquiño que temos habitualmente para a lectura a algo moi sinxelo pero imprescindible para acadar engancharnos aos libros e á lectura:
GOZAR DA LECTURA
Para iso estamos escollendo as lecturas (libros, revistas,...) que máis nos gustan e escollemos o lugar no que nos apetece estar para desfrutar dese momento. Só nos falta unha cousa... poder compartir con alguén a nosa lectura preferida...aínda que todo chegará.
Para ver unha mostra deses lugares podedes facer clic na imaxe ou aquí para ver o que cada quen acabou escollendo.
Recordamos aquí a nosa viaxe que fixemos cos libros para coñecer diferentes lugares e personaxes...
Ou as nosa particular versión da Casa da Mosca Chosca e Artur e Clementina