A motivación coma base da aprendizaxe

Fai uns días descubrimos na clase un dos últimos libros de Xosé Tomás. Titúlase Animalia 1 (Editorial Xerais).

Foi tal a motivación que tivo Hugo por estes libros que se animou a escribirlle unha carta ao autor do libro, animándoo a que seguira escribindo e ilustrando libros coma este.

E aquí a resposta (facer clic aquí ou na imaxe para ver o video):

 Unha das conclusións desta comunicación de ida e volta, é que a motivación é imprescindible para aprender, para crear, para transmitir... e este é un exemplo de que un libro poderoso (como amosaba Agustín Fernández Paz nalgunha formación das Bibliotecas Escolares de Galicia) fai que aspectos tan complexos coma a lectura e a escritura nos seus inicios se teñen unha finalidade e unha intención moito mellor. Grazas Xosé por colaborar neste proceso tan emocionante e marabilloso, amosándolle a Hugo (e aos demais) a importancia das aprendizaxes significativas, das que nos emocionan e que seguro non esqueceremos.