Comendo Sans!

 

Con este título comenzamos un dos últimos proxectos do curso. 

A idea é coñecer os diferentes tipos de alimentos, a súa procedencia, analizar os nosos menús e como podemos elaborar pratos saudables de xeito que teñamos uns bos hábitos.

Para iso temos esta documentación que nos axudará a traballar e ter información sobre o tema (para despois dentro das posibilidades poder aplicala nas casas).

Axudádesnos?