Preparando o día mundial do medio ambiente

 

Estamos preparando o día mundial do medio ambiente e para iso precisamos a colaboración das familias. Os nenos e nenas levan unha silueta dunha froita para que nos axudedes e lanzar diferentes mensaxes co mesmo obxectivo. Coidar o noso medio.

Con esta iniciativa colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa Biblioteca do centro. Para máis información sobre esta actividade podedes ver este póster ou acceder ao blog Vagalume da lingua.