Un dos días que baixamos á biblioteca, Moisés escolleu Stelaluna (Jannell Cannon, Editorial Juventud) para levar para a casa. Á hora de contarnos a súa opinión sobre o libro animámonos a lelo na clase e continuar viaxando polo marabilloso mundo dos libros.
O resume da fermosa historia que nos conta o libro pode ter moita relación con moitos acontecementos que están a suceder actualmente e que se están a ver en todos os xornais. Pero tamén no noso día a día máis próximo e é que por moi diferentes que sexamos, independentemente das nosas características e capacidades podemos entendernos e compartir tempos e espazos e moito máis.