A nosa plantación no menú do cole!

 

Hoxe fomos recoller todo o que valía da nosa horta para que formase parte do menú do cole este venres. Foi toda unha satisfacción ver que o que plantamos, coidamos, regamos,... foi medrando. Ademais de levalo para a casa colaboramos co centro para que formase parte do menú escolar... non chegaba para todo o cole pero axudamos que é o importante.