Día Mundial dos océanos - O ecosistema mariño

 


En colaboración co alumnado de 2º construímos un pequeno acuario no que empregamos diferentes materiais: caixa de cartón, tapas e tapóns, algunha cuncha, area,... e plástico. Todo isto servíunos para falar dun ecosistema, dos elementos do ecosistema, coidados, o que non debería estar na maqueta,... e todo isto porque o 8 de xuño celebramos o Día Mundial dos Océanos.

Para chegar a esta maqueta traballamos diferentes elementos:

O libro de Animalia 3. Azul de Xosé Tomás que nos permitiu coñecer elementos que podíamos incluír na nosa particular versión do acuario.

Ademais, estivemos vendo este video que nos aportou unha idea da importancia dos océanos e algúns dos problemas.