Marcapáxinas


Hoxe tivemos unha sorpresa por parte de Moisés e da súa familia. Moisés trouxo á clase un marcapáxinas que ademais ten un pequeno reto agochado. A idea é que ademais de que nos sexa útil para cando teñamos nas mans eses libros que nos gustan, poidamos descubrir a sorpresa que agocha no seu interior. Ten gardadas no seu interior unhas sementes que se seguimos as instrucións que nos indican poidamos colaborar a ter un mundo máis verde. Xusto no que levamos traballando todo este curso.

Agardaremos as fotos cando se faga o experimento.

Graciñas pola colaboración.