Pechando este curso


 Rematamos o curso escolar... Rematamos un curso que comenzou con moitas dúbidas, incertezas, protocolos cambiantes, normas, adaptación, hixiene,... e así poderíamos seguir engadindo adxectivos.

Simplemente darlle a noraboa ás familias pola súa comprensión e colaboración con todo o que se facía e se propoñía este curso.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible rematar o curso e poder realizar unha morea de actividades que ao principio non tiñamos claro poder realizar.

Pero sobre todo noraboa ao alumnado. Pola súa adaptación, a súa comprensión e o que nos ensinaron, porque a pesar das dificultades amosáronnos que se pode seguir sendo nenos e nenas que xogan, que se divirten, que aprenden, que desfrutan... Grazas por un ano inexquecible.